miércoles, 13 de febrero de 2008

Nova incorporación de profesores a CADT

Dende agora cando os profesores de centros inscritos en CADT entren na parte restrinxida, visualizarán o seu logo do departamento no encabezado da páxina web.

Do mesmo xeito cando entren os alumnos dos diferentes centros inscritos verán cada que o logo do seu centro.

martes, 12 de febrero de 2008

Reunión do grupo de traballo

O día de hoxe celebreremos unha xuntanza dos membros do grupo de traballo no centro IES Concepción Arenal.

Nesta reunión definiranse as estratexias de traballo e delimitaremos as liñas de actuación na web de CADT dos profesores que forman parte do proxecto.

viernes, 1 de febrero de 2008

Grupo de traballo para encher de contidos CADT

Un grupo de profesores de tecnoloxía da zona de Ferrolterra, en A Coruña, dispostos a traballar nas tecnoloxías da comunicación forman grupo de desenvolvemento de actividades para CADT.

Desta maneira e desexando compartir os nosos coñeceemntos e experiencias na asignatura de Tecnoloxía teremos reunións e debates para poder ter o día en canto a contidos esta páxina web.