miércoles, 1 de octubre de 2008

Presentación pública do grupo de traballo no curso 2007-2008

Os vindeiros días 22 e 23 de outubro no IES Marqués de Suanzes de Ferrol terán lugar unhas ponencias-exposicións públicas dos traballos realizados nos "Grupos de Traballo" do CFR de Ferrol durante o curso anterior.
Coma convidados ó acto o responsable do grupo realizará unha breve exposición da filosofía do noso traballo.
Esta presentación terá lugar o día 23 de outubro as 18:00.

Presentación

Presentación da web o alumnado

Durante este inicio de curso 2008-2009 o profesorado do IES Concepción Arenal incorporará o seu alumnado nas listas de usuarios de alumnos da web.
Desta maneira pasarase a fase de proba da web con usuarios reais, para atopar posibles erros que existan na web.

lunes, 22 de septiembre de 2008

Benvidos o novo curso escolar 2008-09

Neste curso tentaremos por en marcha co alumnado a web de CADT, a lo menos no IES Concepción Arenal de Ferrol.
Convidamos a todos os participantes no grupo de traballo no curso anterior que sigan este exemplo e se animen a fecelo nos seus centros.
Neste primeiro trimestre daremos de alta o alumnado dos grupos máis salientables do centro para experimentar os erros que puideramos ter

sábado, 1 de marzo de 2008

Novo servidor para CADT

Dende hoxe o novo servidor de CADT comenza a funcionar polo que rogaría a os usuarios que si detectádes calquera posible anomalía ou defecto de funcionamento por favor avisade mediante correo electrónico.

miércoles, 13 de febrero de 2008

Nova incorporación de profesores a CADT

Dende agora cando os profesores de centros inscritos en CADT entren na parte restrinxida, visualizarán o seu logo do departamento no encabezado da páxina web.

Do mesmo xeito cando entren os alumnos dos diferentes centros inscritos verán cada que o logo do seu centro.

martes, 12 de febrero de 2008

Reunión do grupo de traballo

O día de hoxe celebreremos unha xuntanza dos membros do grupo de traballo no centro IES Concepción Arenal.

Nesta reunión definiranse as estratexias de traballo e delimitaremos as liñas de actuación na web de CADT dos profesores que forman parte do proxecto.

viernes, 1 de febrero de 2008

Grupo de traballo para encher de contidos CADT

Un grupo de profesores de tecnoloxía da zona de Ferrolterra, en A Coruña, dispostos a traballar nas tecnoloxías da comunicación forman grupo de desenvolvemento de actividades para CADT.

Desta maneira e desexando compartir os nosos coñeceemntos e experiencias na asignatura de Tecnoloxía teremos reunións e debates para poder ter o día en canto a contidos esta páxina web.

martes, 1 de enero de 2008

Posta en marcha do proxecto en internet CADT

Hoxe 1 de xaneiro comenza oficialmente a vida en internet deste novo proxecto chamado CADT, o profesor de tecnoloxía en internet.

Dende os meus servidores esta a páxina: http://cadt.mine.nu

Esta páxina supón unha inmersión do departamento de Tecnoloxía do meu centro o IES Concepción Arenal de Ferrol na WEB 2.0.

Dende esta páxina dirixida o mundo da tecnoloxía da ESO poderán participar tanto profesorado coma alumnado e familias do alumnado.

Podedes visitala aínda que o proxecto esta crecendo agradecemos todo tipo de suxestións e análises.